Experiencia e vangarda son as marcas de identidade de Mobles Varela, unha empresa familiar avalada por máis de medio século dentro do sector da madeira.

O afán por achegarnos aos nosos clientes permítenos ofrecerlles unha ampla variedade de produtos con deseños que se adaptan ás súas necesidades, dende os modelos máis clásicos ata as últimas tendencias do mercado.

Responder á confianza depositada polos nosos clientes garantíndolles calidade e atención personalizada son os nosos grandes obxectivos; non en vano, formamos parte da recoñecida Asociación Galega do Moble.

Porque cando vostede merca en Mobles Varela non só adquire un moble, senón que está a crear o seu propio fogar, único e persoal, animámolo a que se achegue ata as nosas instalacións onde o asesoraremos na compra que máis se axeita ás súas necesidades.

Financiación suxeita á aprobación pola entidade financieira

logo-png-colorsiempre-cerca-varela

Rúa Outeiro nº 3
36540 – Silleda – Pontevedra

986 58 01 65

626 34 72 98